Demanda parlamentaria á Xunta para que rehabilite o Pazo de Lourizán
Por Redacción
A preocupación polo estado no que se atopa o Pazo de Lourizán chega ao Parlamento de Galicia a través das preguntas e demandas que presenta Luís Bará, deputado do BNG. Este edificio, a través de convenios asinados nos anos 1991 e 2000, establecía un período de cesión de trinta anos da Deputación de Pontevedra á Xunta de Galicia. Este prazo finalizaba en xaneiro de 2021, pero aplicouse a cláusula que establecía unha prórroga dun ano máis.
Ademais, o inmoble atópase pendente dun proceso xudicial, despois de que no pleno da Deputación de Pontevedra en 2019 aprobase a presentación dun contencioso administrativo polo incumprimento reiterado por parte da Xunta da obriga establecida no convenio de "efectuar as obras de conservación necesarias para o mantemento da zona nobre do conxunto, respectando o seu carácter artístico e monumental".
O BNG alerta agora de que a situación de abandono e deterioración das instalacións non se poden seguir mantendo no tempo, tanto por razóns de seguridade, de garantía de integridade do edificio, de protección patrimonial, de estética e de exemplaridade por parte das administracións públicas. Lembran que se está privando á comarca de Pontevedra dun ben que podería ser, xunto cos xardíns, un importante elemento de dinamización turística, científica e ambiental.
Bará tamén acusa á Xunta de tentar privatizar mediante a cesión a Ence deste espazo, "nunha clara operación de abandono de funcións e de branqueo da empresa pasteira". E sinala que nin o investimento previta nin o proxecto anunciado era acorde coa historia e o significado e proxección deste conxunto arquitectónico.
Ante esta situación, o BNG demándalle á Xunta que leve a cabo de maneira inmediata os estudos e actuacións imprescindibles para conservar, protexer e manter o Pazo de Lourizán. Ademais, pide unha actuación integral de rehabilitación e posta en valor do edificio, acordada previamente coa Deputación de Pontevedra. E por último, demanda un estudo sobre os usos futuros do Pazo de Lourizán para que se investigue e realícese divulgación ambiental ao redor dos bosques, atendendo aos bosques sostibles e á multifuncionalidade do monte.
Relacionadas:
-
RADIO.- Lola Fernández Pazos sitúa os segredos dunha saga familiar no Pazo de Lourizán
Por Marisa Ciordia |
-
A Deputación considera "totalmente insuficientes" as obras que a Xunta iniciou no Pazo de Lourizán
Por Redacción |
-
Concentración contra a supresión da vixilancia presencial no Pazo de Lourizán
Por Redacción |
-
A Deputación acudirá á Xustiza para reclamar que a Xunta rehabilite o Pazo de Lourizán
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Quen é o culpable do estado de abandono do Pazo de Lourizán?
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os socialistas acusan á Xunta de incumprir o convenio para rehabilitar o Pazo de Lourizán
Por Redacción |
-
Os vándalos irrumpen no Pazo de Lourizán e deixan un rastro de pintadas, danos e cervexas
Por Natalia Puga |
-
PP e PSOE enfróntanse no Parlamento galego pola rehabilitación do Pazo de Lourizán
Por Redacción |
-
Rueda dille á "estimada presidenta" que Ence é a solución da Xunta para rehabilitar o pazo de Lourizán
Por Oskar Viéitez |