Piden ao Concello que organice unha mobilización veciñal contra a derriba de 8 chalés en Chancelas
Por Oskar Viéitez
A Asociación Vecinal, Cultural e Recreativa "Combarro" solicitou este luns á corporación municipal de Poio a celebración dun pleno extraordinario para abordar a situación da Urbanización "Mar de Tambo", en Chancelas, ante o proxecto de derrubamento parcial de 8 dos 16 chalés construídos fronte á praia de Ouriceira..
Ademais esta asociación tamén pide que "desde a capacidade organizativa que ten o concello, prepare unha grande mobilización veciñal de apoio, coa corporación municipal diante".
Na escrita presentada por Valentín Silva Pérez, presidente desta asociación veciñal, sinala que o Cocnello de Poio concedeu no seu día as licenzas de construción e a de primeira ocupación e que "a inspección municipal nunca comunicou irregularidades no desenvolvemento das obras, nin solicitou a súa paralización, como fixo a Xunta de Galicia".
Afirma esta asociación que "os procesos xurídicos sucesivos, contra Mar de Tambo non seguiron un procedemento dentro da lóxica causando indefensión aos propietarios".
Esta asociación solicita do Goberno Municipal de Poio "que se poña á fronte dos problemas dos veciños e veciñas, que active a representación que ostenta, que non deixe na estacada aos propietarios e propietarias afectadas".
Relacionadas:
-
Propietarios de Mar Tambo en Poio anuncian novas protestas contra a demolición parcial da urbanización
Por Redacción |
-
O PP sinala ao goberno municipal como "únicos responsables" da situación dos chalés de Chancelas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello de Poio oponse á derriba de 8 chalés en Chancelas
Por Redacción |
-
Os propietarios dos chalés de "Mar Tambo" convocan unha protesta contra os desafiuzamentos
Por Oskar Viéitez |
-
Os afectados queren que as administracións asuman as súas responsabilidades pola derriba de 8 chalés en Chancelas
Por Redacción |