Trasladan unha condutora en Cuntis ao sufrir un accidente despois de saltarse un stop
Por Redacción
Unha estrada municipal da localidade cuntiense de San Mamede rexistrou esta madrugada un aparatoso accidente de tráfico entre un turismo e unha furgoneta que se saldou co traslado ao hospital da condutora do turismo, que presentaba fortes dores no pescozo derivados da colisión.
O suceso produciuse ao redor das 6.15 horas da madrugada deste luns cando a muller saltouse un stop para incoporarse á vía. A furgoneta, que procedía da Estrada, tratou de frear pero non lle deu tempo e golpeou ao turismo pola porta do copiloto.
O 112 deu aviso ao servizo de Protección Civil de Cuntis que se achegou ao lugar dos feitos. Tamén foi requirida a asistencia dunha ambulancia para atender á muller, que presentaba dores nas cervicais pero que non revestían gravidade. A pesar da aparatosidade do accidente, o condutor da furgoneta saíu ileso.