O certame 'Ben Veñas Maio' recoñece o bo facer en galego de alumnado de cinco institutos
Por Redacción
Alumnado de cinco institutos distintos de Pontevedra fíxose este ano con premios do certame 'Ben Veñas Maio'. O xurado recoñeceu traballos presentados polos IES Xunqueira II, Valle Inclán, Sánchez Cantón, Torrente Ballester e A Xunqueira I.
O certame busca unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas incentivando a creatividade, a participación e a comunicación en galego, así como a reflexión sobre o uso e a situación social da lingua.
O fallo do xurado deuse a coñecer este domingo para as seis categorías convocadas nesta edición: III Certame de Videoclips musicais, V Certame de curtamentraxes, XX Certame de fotografía, XXVIII certame de banda deseñada, XXVIII Certame de narración curta e o XX Certame de poesía.
O xurado, ao igual que anos anteriores, estivo formado polo concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, e polas persoas coordinadoras dos equipos de normalización e dinamización da lingua galega dos IES A Xunqueira I, IES A Xunqueira II, IES Frei Martín Sarmiento, IES Torrente Ballester, IES Valle-Inclán e IES Sánchez Cantón. O certame está organizado polos equipos de normalización e dinamización da lingua galega dos centros públicos de ensino secundario e ciclos formativos do concello, co apoio do Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Normalización Lingüística.
Relación de premiados e premiadas:
III Certame de videoclips musicais:
• Primeiro premio: Clara Fariña Castro. IES Xunqueira II
V Certame de curtametraxes:
• Primeiro premio: Alicia Dopazo Cendón. IES Valle Inclán
XX Certame de fotografía:
• Primeiro premio: Carme Munaiz Canosa. IES Sánchez Cantón
• Segundo premio: Carolina Munaiz Canosa. IES Sánchez Cantón
XXVIII Certame de banda deseñada:
Categoría A: deserto
Categoría B: a partir de 15 anos
• Primeiro premio: ‘Arredor de min’, Miguel Bouza Rodríguez. IES Torrente Ballester
• Segundo premio: ‘A historia do galego con pantín e timpán’. Ainoa Garzón Mejuto. IESs A Xunqueira I
• Segundo premio: ’Mortalmente galego’. Anaís González Aboy. IES A Xunqueira I
XX Certame de poesía:
Categoría A: ata 14 anos inclusive
• Primeiro premio: ‘Con alma e sangue galegos’. Alexandre Garrido Roca. IES Torrente Ballester
• Segundo premio: ‘E se sei?’. Sabela Porto Verísimo. IES A Xunqueira I
Categoría B: a partir de 15 anos
• Primeiro premio: ‘Non quero ser coma ti’. Mario Elías Blanco Boullosa. IES Torrente Ballester
• Segundo premio: ‘Enleada’. Sara Rodríguez Vence. IES Sánchez Cantón
• Segundo premio: ‘O son da pandeireta’. Clara Fariña Castro. IES A Xunqueira II
XXVIII Certame de narración curta:
Categoría A: ata 14 anos inclusive
• Primeiro premio: 'Naceu e morreu sendo galego’. Paula Fariña Martínez. IES Valle Inclán
• Segundo premio: ‘Unha nova historia’. Ana Uxía Santos. IES Luis Seoane
• Segundo premio: ‘Voltas e revoltas da vida’. Marcia González García. IES Torrente Ballester
Categoría B: a partir de 15 anos
• Primeiro premio: ‘Un día de chuvieira’. Sofía Filgueira Fómez. IES A Xunqueira II
• Segundo premio: ‘Ninguén’. Andrés Pardo Carballo. IES Torrente Ballester
• Segundo premio: ‘Quen non existe’. Alfredo José Fernández Marques. IES Sánchez Cantón