Tártaro de atún con ventrecha Pescamar
Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha presentación moi orixinal que combina o peixe crú e as especialidades en lata de Pescamar.
A parte do bonito del norte máis exquisita e valorada pola alta cociña é a ventrecha. Conservas Pescamar achégaa a todos os fogares a través da súa gama gourmet. Recibe o seu nome ao atoparse na zona do ventre do bonito, onde se concentran proteínas de alto valor biolóxico e ácidos graxos que nos axudan a manter unha dieta saudable.
Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web lémbranos que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".
Para preparar un delicioso Tártaro de atún con ventrecha Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 lata de ventrecha de bonito do norte gourmet Pescamar
- Atún
- Cebola
- Alcaparras
- Aceite de oliva 0,4º
- Salsa de soia
- Ravo picante
- Wasabi (mostaza xaponesa)
- Verduriñas de tempada
Preparación:
Cortamos o atún en anacos pequeniños.
A continuación, colocámolo nun bol con cebolas e alcaparras picadas, un aliño preparado con aceite de oliva 0,4° e salsa de soia, un chisco de ravo picante e de wasabi. Deixamos macerar durante 10 minutos.
A continuación, partimos os filetes de ventrecha de bonito do norte gourmet Pescamar e incorporámolos á mestura.
Axudados cun molde de empratado redondo, colocamos o tártaro sobre unha bandexa listo para servir.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.
Relacionadas:
-
Tostas de verán con bonito do norte Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Lasaña con picada de luras e berberechos Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Pasta con mexillóns e luras Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Fideos á mariñeira ao estilo de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Ensalada "Horta Oroza" con trío de conservas gourmet Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Empanada de xoubas en aceite de oliva gourmet Pescamar
Por Noticia patrocinada |