Nova campaña de concienciación sobre a recollida de voluminosos en Marín
Por Redacción
A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Marín, Marián Sanmartín, e o responsable de Recolte, a empresa adxudicataria da recollida deste servizo, Juan José Castro, presentaron este venres unha nova campaña de concienciación sobre a recollida de voluminosos na vila.
A través das ilustracións creadas por José Malvárez Carleos e Aldara Álvarez García, o Concello quere incentivar que se cumpran as normas de convivencia que teñen que ver coa recollida selectiva de residuos e, de xeito concreto, a recollida de voluminosos.
"Notamos en xeral un bo comportamento da cidadanía de Marín", aseguraron na presentación da campaña esta mañá no Concello, ainda que si que se detectan puntos de verquido específicos "que afectan á paisaxe".
O servizo de recollida é gratuito e no telefono 900 102 580
Por outra banda, os operarios da Asociación Juan XXIII realizaron traballos de mantemento e embelecemento das zonas axardinadas da Finca de Briz, de cara a manter en bo estado as zonas verdes do municipio.
Relacionadas:
-
Piden civismo para loitar contra os vertidos de residuos voluminosos
Por Redacción |
-
Rozan a súa leira e descobren unha zona 'chill out'
Por María José Pita |
-
Crece a recollida de residuos voluminosos en Marín
Por Redacción |
-
Marín apela á responsabilidade cívica no depósito de residuos voluminosos cunha campaña de concienciación
Por Redacción |
-
Denuncian verteduras incontroladas en varias zonas de Marín
Por Redacción |