'Cuntilín' de verán en Cuntis abrirá o prazo de inscricións o martes 1 de xuño
Por Redacción
O Concello de Cuntis abrirá o 1 de xuño o prazo para inscribirse no programa 'Cuntilín de Verán' co que se busca a conciliación familiar. O prazo permanecerá aberto ata o 15 de xuño (inclusive).
O 18 do próximo mes de xuño coñecerase a listaxe de escolares admitidos. O Concello de Cuntis será quen asuma a totalidade do financiamento para este servizo, que se adaptará á situación pandémica.
Estará destinado a menores en idade escolar e desenvolverase entre o 23 de xuño e o 7 de setembro, permanecendo activo durante todos os días hábiles, de luns a venres en horario de 8.45 a 14.15 horas nas instalacións do CPI Aurelio Marcelino Rey García, salvo durante a semana das Festas Patronais de agosto, en que se pechará.
As solicitudes deben presentarse persoalmente no Rexistro do Concello de Cuntis ou a través da sede electrónica do Concello. Os impresos pode recollerse tamén persoalmente en horario de mañá, de 09.00 a 14.00 horas, na OMIX, no departamento de Servizos Sociais do Concello ou nas Oficinas municipais deste servizo. Tamén se pode realizar a través dun escrito a través do correo electrónico educacionfamiliar@concellodecuntis.es