Unha confusión nas identidades no Xulgado dá por morta a Maika
Por Redacción
Un parte de defunción do xulgado de Garda dunha coñecida cidadá chamada "Maika", veciña de Marín, provocou este xoves un lamentable erro ao identificarse á falecida con María del Carmen Dorado de la Fuente, tamén chamada "Maika", persoa moi popular na capital.
Estas informacións xudiciais e outras fontes oficiais chegaron a confirmar á redacción de PontevedraViva a morte deste popular personaxe pontevedrés o que levou á publicación da noticia na web.
Foron estas mesmas fontes as que ante a repercusión adquirida pola noticia repararon no erro inicial aclarando neste punto a verdadeira identidade da falecida.
PontevedraViva púxose inmediatamente en contacto co ámbito de Maika para aclarar todo o malentendido e trasladarlle unha sincera desculpa.
Na información, que estivo publicada 16 minutos na web, referíanse outros aspectos como que o pasado 23 de setembro fora ingresada en Urxencias e que dous días despois lle deron a alta, feito confirmado por fontes hospitalarias e pola súa contorna.
Tamén se mencionou que aquel momento se encontraba nun piso do que foi desafiuzada xunto co resto de inquilinos, segundo apuntaron fontes xudiciais. No desafiuzamento foi necesaria a intervención dunha ambulancia e da Policía Nacional, segundo fontes veciñais.
Ao igual que fixo coas persoas relacionadas con Maika, PontevedraViva quere trasladar aos seus lectores unha disculpa ante este erro.