Inician os trámites para retirar outros dezaseis coches abandonados en Pontevedra

Por Redacción
Ata dezaseis novos requirimentos vén de asinar o goberno municipal para retirar das rúas da cidade coches que están en situación de abandono. Con estes expedientes son xa 64 os procedementos iniciados este ano para que este tipo de vehículos non estean na vía pública.
Desta volta os coches afectados con un Opel modelo 1.2 no lugar de O Carramal (Salcedo), unha furgoneta Nissan Kubistar e un Opel Vectra 20L na rúa Eduardo Blanco Amor ou dous Opel Astra e unha Ford Transit no depósito municipal do guindastre.
Ademais, actuarase contra unha furgoneta Ford Transit no lugar de Os Areás (Mourente), un Renault Clio na rúa Luxemburgo (fronte ao portal do instituto de Monte Porreiro), un Honda CRV4AT na avenida de Marín ou un Peugeot 206 na rúa Padre Fernando Olmedo.
Os requirimentos tamén se asinaron para un Volkswagen Polo na rúa Alemaña, un Nissan Almera na rúa Amado Carballo, un Renault Megane nunha parcela industrial, un Peugeot 406 na rúa Forcarei, un Citroën C2 na rúa José Malvar, una Renault Kangoo na rúa da Parda e un Fiat Punto na rúa Josefina Arruti.
A Policía Local puido comprobar, ademais, que unha motocicleta que leva estacionada varios meses na rúa Martín Códax, non se pode considerar como un vehículo abandonado, segundo explicou o edil de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes.
Os seus propietarios terán un prazo de quince días para retirar os coches. No caso contrario, imporáselle unha sanción que oscilará entre os 603 e os 31.000 euros e o seu vehículo será retirado polo guindastre e tratado como residuo sólido urbano.
Unha vez se produza a declaración definitiva dos vehículos como residuos sólidos urbanos, a firma autorizada Automociones Catoira poderá proceder á súa retirada, tratamento e destrución, tramitando a baixa definitiva no Rexistro de Vehículos de Tráfico.
Relacionadas:
-
Malestar pola inseguridade que provoca a acumulación de coches abandonados en Tafisa
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Retiran 53 vehículos abandonados en concellos da provincia no que vai de ano
Por Redacción |
-
Lixo, maleza e "ratas como cans", a denuncia dunha veciña de Ernesto Caballero
Por María José Pita |
-
Un turismo domiciliado en Angoulême, entre os 47 vehículos expedientados para a súa retirada das rúas da cidade
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas tramitou 23 expedientes por vehículos abandonados nos últimos catro anos
Por Redacción |
-
Abertos 22 expedientes de coches abandonados en Pontevedra no que vai de ano
Por Andrea Sánchez Barreno |