O Grove e Cambados reciben fondos europeos a través da Deputación para renovar a súa iluminación
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra recibiu unha nova achega do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) por valor de 783.000, que destinará á eficiencia enerxética en cinco municipios.
O Grove e Cambados son dous dos concellos que se beneficiarán destes fondos europeos, xunto a Crecente, Forcarei e A Guarda.
En concreto Cambados recibirá 252.286,28 euros para substituír 550 luminarias, o que se prevé supoña un aforro enerxético do 87%. Pola súa banda no Grove investiranse 279.104,60 euros para cambiar 613 luminarias cun aforro estimado do 65%.
O ente provincial tiña confirmado nas últimas semanas achegas do IDAE para estender a iluminación exterior sostible e eficiencia enerxética a outros nove concellos da provincia: A Lama, Marín, Meaño, Meis, Mondariz-Balneario, Portas, Valga, Vilanova e Vilagarcía.