Sete novas empresas confirman que se asentarán no parque empresarial de Nantes
Por Redacción
O parque empresarial de Nantes (Sanxenxo) segue sumando empresas interesadas en ocupar as parcelas dispoñibles. Ás últimas licenzas concedidas relacionadas co mundo da alimentación, Xesnova Global e Mercadona, que abrirá o seu establecemento proximamente, únese agora unha nova firma, tamén de alimentación, dedicada á venda e tratamento de moluscos cunha nave que ocupará dúas parcelas cunha superficie de 2.400 metros cadrados.
Ademais, outras seis empresas atópanse en distintas fases de tramitación para asentarse no parque empresarial.
Unha delas dedícase ao material de construción e ocupará 2.400 metros cadrados en dúas parcelas; un bazar que se situará en tres parcelas cunha superficie total de 3.600 metros cadrados; unha instalación de lavado de coches-gasolineira que se situará nunha parcela de 1.200 metros cadrados; unha firma do sector do metal que se asentará nunha parcela de 2.050 metros cadrados; e unha empresa de bebidas que se instalará nunha parcela de 1.500 metros cadrados.
No parque empresarial atópanse xa en activo outras empresas como Eroski, Inelsa, Carpiglob e MaderasVillanueva, así como A Illa, Andeona Solucións S.L. e Excavaciones Dopesa, que están en distintas fases de tramitación e construción.
O parque empresarial conta con 243 parcelas, 20 delas municipais. Na actualidade, as parcelas con actividade, licenza concedida e en construción ou tramitación suman 63.000 metros cadrados do total dos 355.000 dispoñibles para a actividade económica.
Relacionadas:
-
O Polígono de Nantes amplía a súa actividade con catro novas empresas
Por Redacción |
-
Urbanismo dá luz verde á edificación dun novo tanatorio de San Marcos no parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
A nova liña eléctrica do polígono de Nantes estará en servizo a final de ano
Por Redacción |
-
Unha empresa de baterías para aeronaves traslada a súa sede de Canadá a Sanxenxo
Por Redacción |
-
123.346 euros para mellorar a sinalización do parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
Mercadona e a firma de conxelados Xesnova Global asentaranse no polígono de Nantes
Por Redacción |
-
O goberno local proxecta varias naves para usos municipais no parque empresarial
Por Oskar Viéitez |
-
O parque empresarial de Nantes empeza a xerar emprego
Por Oskar Viéitez |
-
Unha trintena de parcelas do polígono de Nantes xa tramitan as súas licenzas
Por Redacción |