Novo falecemento de paciente covid-19 en Montecelo, unha muller de 91 anos
Por Redacción
Unha muller de 91 anos, que permanecía ingresada no Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP), falecía durante as últimas horas coa enfermidade do coronavirus.
A paciente presentaba outras enfermidades no seu historial clínico. Con este deceso, o virus provocou a morte de 177 persoas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés desde que comezaron a notificarse as defuncións derivadas da pandemia.
Curáronse 13.528 persoas, 36 máis na última xornada, desde que comezou o plan de continxencia do covid-19. A anterior vítima na área rexistrárase o martes 18 tamén no Hospital Montecelo. Tratábase dunha muller de 72 anos con patoloxías previas.
A paciente de Montecelo é a única vítima notificada pola Consellería de Sanidade na xornada deste xoves 20. Con esta última vítima, o virus suma 2.410 mortes en Galicia.
Na comunidade atópanse 2.701 persoas con infección activa, dos que 128 están hospitalizados en planta de centros hospitalarios e 32 permanecen nas Unidades de Coidados Críticos. 120.281 persoas curáronse desde que comezou o plan de continxencia en Galicia.
PREVISIÓNS DE VACINACIÓN PARA ESTE VENRES 21
Está previsto que este venres continúen as vacinacións na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Durante a mañá convocouse a 610 persoas no Recinto Feiral de Pontevedra pertencentes a colectivos esenciais, que recibirán a vacina Moderna.
Tamén pola mañá, no recinto de Fexdega en Vilagarcía de Arousa foron citadas 150 persoas, con idades comprendidas entre os 60 e os 65 anos. Neste caso, recibirán o soro de Janssen. Durante a tarde non está prevista a administración de vacinas en ningún destes dous puntos de vacinación, segundo os datos facilitados polo SERGAS.
Relacionadas:
-
Montecelo mantén 4 pacientes con covid na UCI e 14 en planta, con 325 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Baixan a 333 os casos activos de covid na área sanitaria tras un domingo con 17 contaxios detectados
Por Diego Espiño |
-
Tres hospitalizados menos e baixada de casos activos na área sanitaria ata os 343 afectados
Por Diego Espiño |
-
Leve incremento de hospitalizados e de casos activos de covid na área sanitaria, con 371
Por Diego Espiño |
-
Segue o descenso de casos activos na área sanitaria e só permanecen 20 pacientes hospitalizados por covid-19
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Comité Clínico sitúa a Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña e Ponte Caldelas en nivel alto de restricións
Por Redacción |
-
A área sanitaria de Pontevedra, por debaixo de 400 casos activos e con 26 hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
Haberá cribados en Moraña o xoves e venres ante a aparición de novos casos activos
Por Redacción |
-
Falece unha muller de 72 anos por covid en Montecelo, vítima 176 na área sanitaria
Por Redacción |