Sanxenxo recolle os seus 13 distintivos "Q" de Calidade
Por Oskar Viéitez
Sanxenxo dá un paso máis na súa estratexia de apostar pola calidade e a mellora constante de servizos. Nesta sentido a concelleira María Deza recolleu este xoves as 13 "Q" de Calidade das praias, a oficina de turismo e Nauta Sanxenxo. Ás que hai que engadir os 35 establecementos do sector turístico que xa dispoñen deste distintivo pola calidade do seu servizo.
En total, entre o sector público e privado Sanxenxo suma 48 "Q" de Calidade das 278 que ten Galicia.
Dos 19 areais galegos recoñecidos coa "Q" de Calidade, 11 están en Sanxenxo e son: Areas, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Montalvo, Pragueira, Major, Foxos, Area Gorda e A Lapa.
Estes recoñecementos súmanse ás 17 praias con bandeira azul, os 6 carreiros azuis, o porto deportivo Juan Carlos I e A Telleira. Ademais doutras dúas bandeiras que non dependen do Concello, pero son igualmente importantes, como os clubs náuticos de Sanxenxo e Portonovo.
En definitiva, segundo destaca o Goberno local, o Concello e o sector traballan en equipo co único obxectivo de ofrecer cada ano máis e mellores servizos. "Se antes da pandemia xa era importante despois desta, a calidade e a sustentabilidade convértense en dúas condicións imprescindibles para ser un destino turístico de éxito".
Nunha axenda apertada do seu segundo día en Fitur os membros da delegación do Concello de Sanxenxo puideron asistir ás presentacións dos plans turísticos da Mancomunidade do Salnés e a Deputación de Pontevedra.
Relacionadas:
-
As oficinas de información turística Rías Baixas suman outros dez distintivos "Q de calidade"
Por Oskar Viéitez |
-
O porto deportivo de Sanxenxo colga o cartel de completo para o mes de agosto
Por Redacción |
-
O sector turístico de Sanxenxo ten "boas perspectivas" para este verán polo importante número de reservas
Por Oskar Viéitez |
-
Fitur premia o audiovisual 'Sigue o teu instinto' da Deputación
Por Oskar Viéitez |