Feijóo reivindica a Galicia en Fitur como "uno de los destinos más seguros del mundo"
Por Oskar Viéitez
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou a Galicia na Feira Internacional de Turismo (Fitur) como "uno de los destinos más seguros del mundo" diante da boa situación epidemiolóxica que presenta a Comunidade e o nivel de vacinación asegurando que "ya" estamos preparados para recibir a estes turistas.
Desde a caseta de Turismo de Galicia no Ifema de Madrid, Feijóo convidou a "a la humanidad" para visitar este recuncho de Europa porque "la experiencia es segura, la calidad es natural y nuestro planteamiento es duradero".
A oferta turística galega presenta como principal atractivo o dobre ano Xacobeo e insiste en que este territorio é un destino seguro para os visitantes que elixan vir a "el mejor lugar del mundo".
"Somos uno de los lugares más seguros del mundo para disfrutar de las vacaciones. Podemos decir que Galicia ya está preparada, porque llevamos trabajando para acreditar la seguridad de nuestras plazas, calles, hoteles, etc...", proclamou Feijóo.
O mandatario autonómico estivo acompañado polo vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e recibiu a visita no seu stand do alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, así como de distintas autoridades.
'O REGRESO DOS SERES EXTRAORDINARIOS'
Turismo de Pontevedra acaba de lanzar 'O regreso dos seres extraordinarios', un vídeo de algo máis de dous minutos e medio que centrará, xunto co libro de destino 'Pontevedra de corazón', a campaña multimedia que o ente turístico presentará este venres 21 de maio ás 10:30 horas na Feira Internacional de Turismo de Madrid Fitur 2021.
A peza audiovisual, realizada por Fernando Portela, está protagonizada polas personaxes de fantasía de Pablo Méndez Performances, que nos convidan a realizar un paseo videográfico pola cidade a través do seu mundo máxico.
Relacionadas:
-
Pablo Méndez, proposto por AJE Pontevedra, obtén o Premio Xove Empresario de Galicia 2021
Por Redacción |
-
Xa se pode visitar a mostra 'Fazendo Camiño' sobre o espazo Xacobeo entre o norte de Portugal e Galicia
Por Redacción |
-
A Deputación, satisfeita pola acollida da súa campaña 'É o teu momento' en Fitur
Por Redacción |
-
Fitur premia o audiovisual 'Sigue o teu instinto' da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación anima en Fitur a "recuperar a felicidade" visitando as Rías Baixas "un lugar que enamora"
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis promove a reactivación turística do municipio
Por Redacción |
-
Sanxenxo promete "365 días diferentes" para atraer turistas todo o ano
Por Redacción |
-
Poio estará presente en FITUR
Por Redacción |
-
As "caixas brancas" que promocionan Pontevedra xa están listas para Fitur
Por Redacción |
-
'É o teu momento', a campaña de experiencias únicas que Rías Baixas levará a Fitur
Por María José Pita |