Detido un veciño de Pontevedra por acumular imaxes de adultos abusando sexualmente de menores
Por Redacción
A Policía Nacional detivo un veciño de Pontevedra de 33 anos de idade, tras localizarlle abundante documentación e imaxes que mostraban de maneira explícita a adultos que mantiñan relacións sexuais con menores impúberes.
Segundo informan fontes oficiais da Policía Nacional este home foi detido por un delito de corrupción de menores.
A detención produciuse no marco da operación "Hallazgo" contra a pornografía infantil na que participaron axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal-Ciberdelincuencia da Brigada Provincial de Policía Xudicial que realizaron as primeiras xestións de investigación e que, posteriormente, estiveron dirixidas polo Xulgado de Cambados.
As investigacións iniciáronse no último trimestre do ano 2020 e culminaron coa detención deste home e coa práctica autorizada dun rexistro domiciliario no que se incautaron de equipos informáticos.
Tras os consecuentes procedementos e análises técnicas os axentes policiais localizaron abundante documentación e imaxes mostrando de maneira explícita a adultos mantendo relacións sexuais con menores impúberes.
A Policía Nacional lembra que "gardar e/ou compartir imaxes sexuais de menores é un delito" e que, en caso de ter coñecemento da súa existencia, "débese denunciar o contido", subliña, a través de denuncia presencial ou da páxina web deste corpo de seguridade.
Relacionadas:
-
Tres detidos en Pontevedra, Vilagarcía e Ponteareas por corrupción de menores
Por Oskar Viéitez |
-
Chega á Audiencia un novo caso de abuso sexual dun home á filla da súa parella
Por Oskar Viéitez |
-
Arrepíntese e acepta unha condena de 10 anos de cárcere por abusar sexualmente da filla menor de idade da súa parella
Por Oskar Viéitez |
-
Detido un home de 68 anos por unha agresión sexual a unha menor en Vilagarcía
Por Natalia Puga |