A Policía Local de Ponte Caldelas incorpora dous auxiliares como reforzo durante o verán
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas acaba de incorporar dous auxiliares de Policía Local que reforzarán o servizo durante o verán.
Dende este martes e ata mediados do mes setembro, o plantel que na actualidade está composto por dous axentes verase reforzado con dous auxiliares, de maneira que haberá patrulla da Policía Local polas mañás, polas tardes e as noites da fin de semana.
O alcalde, Andrés Díaz sinalou que "Ponte Caldelas é un pobo vivo, dinámico e cun crecemento poboacional constante e por iso quero que os meus veciños estén protexidos e se sintan seguros".
Coa incorporación de dous auxiliares durante os catro meses de verán, Ponte Caldelas disporá de máis seguridade durante a época estival, momento no cal o concello se enche de actividades, hai máis turismo e tamén se incrementa a poboación na temporada vacacional.