O Sergas vacinará 4.300 menores de 60 anos na área sanitaria este martes
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés seguirá este martes 18 de maio co proceso de vacinación fronte á covid-19 ao colectivo de persoas entre 50 e 59 anos. En total, 4.300 menores de 60 recibirán unha dose da vacina de Pfizer en recintos para a vacinación masiva.
Segundo a previsión de vacinación do Servizo Galego de Saúde, 3.200 persoas vanse vacinar no recinto feiral de Pontevedra, 1.700 en horario de mañá e 1.500 pola tarde.
Outras 1.100 persoas van recibir a súa dose de Pfizer no recinto feiral Fexdega de Vilagarcía. Un total de 600 foron convocados pola mañá e 500 pola tarde.
O Sergas empezou a administrar a vacina de Pfizer a persoas menores de 60 anos o pasado martes 11 de maio. A este colectivo xa o empezaran a vacinar con AstraZeneca, pero a inoculación tivo que suspenderse ao pasar a recomendarse esa vacina só para maiores de 60 e agora retómase.
No primeiro día de vacinación a este colectivo, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés foron citadas un total de 3.900 persoas en centros de vacinación masiva.
Relacionadas:
-
Os menores de 60 anos vacinados con AstraZeneca recibirán a segunda dose de Pfizer
Por Redacción |
-
Falece unha muller de 72 anos por covid en Montecelo, vítima 176 na área sanitaria
Por Redacción |
-
As Festas de Verán comezarán en xuño cun formato modificable e na liña da programación de 2020
Por Redacción |
-
A área sanitaria mantense nunha fase de estabilidade con 14 novos positivos e dous hospitalizados menos
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A vacina monodose de Janssen tamén se inxectará a menores de 60 anos
Por Redacción |
-
O Sergas empeza este martes a administrar a vacina de Pfizer a menores de 60 e cita a 3.900 para o primeiro día
Por Redacción |