Traballadores de H&M en Pontevedra apoian os compañeiros afectados por un ERE
Por Alejandro Espiño
O ERE presentado por H&M, que en Galicia supoñerá o peche de tres tendas e afectará a uns 68 traballadores, volveu a levar á rúa ao persoal da multinacional sueca.
Aínda que este expediente de regulación de emprego non terá repercusión na tenda de Pontevedra, os seus traballadores quixeron solidarizarse este sábado cos seus compañeiros.
Foi cunha nova xornada de folga, a segunda tras a celebrada o pasado sábado, que incluíu unha concentración ante o establecemento situado en Benito Corbal.
O persoal denuncia que este ERE, ademais dos despedimentos e os peches, provocará unha modificación substancial das condicións de traballo dos empregados.
Lamentan que a compañía estea a centrar todos os seus esforzos no mercado en liña e optase por non planificar o futuro das súas tendas físicas.
Relacionadas:
-
O persoal da tenda de H&M súmase á folga estatal contra o peche de establecementos da cadea
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Segundo sábado de folga nas tendas de H&M de Pontevedra e Vigo
Por Redacción |
-
Folga e protesta solidaria no H&M de Pontevedra: "se tocan a un, tocan a todos"
Por Cristina Saiz & Redacción |