Celebración do primeiro aniversario de PontevedraViva
Por Redacción
O 1 de outubro de 2012 botaba a andar PontevedraViva coa intención de profundar na actualidade local con rigor e compromiso.
Un ano despois a cafetería Carabela de Pontevedra, envorcada agora en ofrecer actividades culturais e eventos diversos, acolleu na tarde-noite do martes unha sinxela celebración cara a un proxecto que non sería nada sen o respaldo dos seus lectores.
Dende PontevedraViva queremos darvos as grazas polo voso apoio e colaboración.