'É o teu momento', a campaña de experiencias únicas que Rías Baixas levará a Fitur
Por María José Pita
A situación sanitaria permite facer previsións optimistas de cara á volta dos visitantes a Galicia. Para fomentar este turismo, a presidenta da Deputación facía este xoves unha "chamada directa a viaxar á provincia de Pontevedra, un lugar onde vivir experiencias únicas e seguras" e facíao anunciando a campaña 'É o teu momento', que se presentará o próximo xoves 20 de maio, ás 12.00 horas, en Fitur, a Feira Internacional de Turismo.
O salón de plenos da Deputación albergou o acto de presentación da campaña, no que se ofreceu un avance de 40 segundos do vídeo promocional e tamén das liñas de acción do Plan Estratéxico de Turismo 2021-2023, a folla de ruta da Deputación para os vindeiros tres anos. O evento contou coa actuación musical da artista Nadja Samie a proxección de imaxes e audiovisuais de lugares senlleiros das Rías Baixas.
"En Fitur facemos, agora si, unha chamada directa a viaxar á provincia, a que elixan o noso destino como lugar no que vivir experiencias únicas e tamén seguras", manifestaba a presidenta Carmela Silva. A proposta provincial que se presentará en Fitur poderá seguirse por streaming en www.depo.gal e a través da canle da institución provincial en Twitter.
"Será unha presentación chea de frescura e de optimismo, unha chamada á acción para que as persoas turistas se preparen para visitar a nosa provincia porque é o teu momento", avanzaba a presidenta, á vez que apuntaba ao "valor engadido de mulleres talentosas e referentes da creatividade cultural en Galicia que poñen voz e alma ao noso relato do turismo".
En concreto, Silva referíase á artista Woiza, a voz da mensaxe do vídeo, á poeta feminista Lúa Mosquetera, como coguionista, e á reporteira viguesa Noa García, que se encargará de conducir o acto en Madrid. Ademais, a presentación da provincia de Pontevedra como destino contará coa colaboración de Miguel de la Cierva, do Náutico de San Vicente do Grove, un lugar de referencia en actuacións musicais e tamén retiro de artistas de todo o mundo.
'É o teu momento' continúa a liña emocional de 'Fame de experiencias' e 'Sigue o teu instinto', amosando que a provincia é un destino sostible, hospitalario, seguro e multiexperiencial. "Trátase dunha invitación a visitar a provincia para que as persoas turistas creen novos recordos para o futuro", indicaba Carmela Silva.
A presidenta tamén explicou que a campaña vai dirixida tanto ás que xa coñecen a provincia como a aquelas que nunca viñeron, con accións de reforzo, promoción en redes sociais, reportaxes en revistas especializadas, prestando atención a Madrid, Barcelona, Asturias e País Vasco, orixe de gran parte do turismo nacional á provincia de Pontevedra.
PLAN ESTRATÉXICO DE TURISMO
No evento, a presidenta provincial tamén detallou as liñas de acción do Plan Estratéxico Provincial de Turismo que, con 280 páxinas, 46 plans de actuación e 269 accións operativas, vai permitir "seguir modernizando, dixitalizando e innovando" o sector turístico.
O principal obxectivo do plan, que mobilizará ata 16 millóns de euros, ademais dos fondos europeos que quere captar, é "converter a provincia de Pontevedra no primeiro territorio certificado como destino turístico intelixente".
Carmela Silva lembraba que "se algo puxo de manifesto esta pandemia é a necesaria transformación dixital e a resiliencia dos destinos sostibles e verdes. Sabemos que dispoñemos dun tesouro valioso e témolo que xestionar con intelixencia e responsabilidade compartida".
Por estes motivos, o plan aborda cuestións como a xestión da incerteza mediante a innovación, a inclusión e a igualdade de oportunidades. Todo isto arredor de catro grandes eixos entre os que se atopan a promoción e a comunicación; a oferta turística diferenciada; a competitividade e a reactivación; e a intelixencia no destino.
Na presentación do plan tamén participaron representantes do sector turístico que puxeron voz aos temas clave que nel se abordan como son a dixitalización, a sustentabilidade, as experiencias ligadas á cultura e a importancia da cadea de valor que compón a enogastronomía.
Adolfo Neira, da empresa EOSA que foi a encargada da elaboración do plan; Ana Vázquez, xerente de Alecrín; Goretti Álvarez, do restaurante Silabario; Jordi Lauren, en representación de Rías Baixas Fest; e Anxo Sánchez, codirector do festival PlayDoc expuxeron os retos e oportunidades que se lle presentan ao sector de cara á súa recuperación.
Chegou o momento de respirar, deixarse arroupar pola natureza e gozar dunha cultura segura e da mellor gastronomía!!
— Turismo Rías Baixas (@turisriasbaixas) May 13, 2021
Aquí está o avance da nova campaña de promoción de #RíasBaixas - #PontevedraProvincia que presentaremos o día 20 en @fitur_madrid.#ÉOTeuMomento pic.twitter.com/2C5F23kX6G
Relacionadas:
-
Airbnb colaborará coa Deputación nuns cursos para o sector turístico
Por Oskar Viéitez |
-
Novo premio para a campaña da Deputación "Sigue o teu instinto"
Por Redacción |
-
Alfombra vermella para o primeiro grupo de xubilados que chega a Vilanova de Arousa desde o inicio da pandemia
Por Anxo Lourido |
-
A Deputación anima en Fitur a "recuperar a felicidade" visitando as Rías Baixas "un lugar que enamora"
Por Oskar Viéitez |
-
Feijóo reivindica a Galicia en Fitur como "uno de los destinos más seguros del mundo"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP lamenta que as "axudas ridículas" da Deputación aínda non chegaron aos autónomos, pemes e hostaleiros
Por Redacción |
-
Poio estará presente en FITUR
Por Redacción |
-
As "caixas brancas" que promocionan Pontevedra xa están listas para Fitur
Por Redacción |
-
"Momentos Rías Baixas", unha campaña adaptada á evolución das posibilidades de viaxar
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
E o Óscar turístico World Tourism Film Awards é para... 'Fame de experiencias?', vídeo promocional da Deputación
Por Redacción |
-
A campaña turística "Fame de experiencias" alcanza a docena de premios internacionais
Por Redacción |
-
A campaña "Fame de experiencias" obtén o seu décimo recoñecemento internacional
Por Redacción |
-
A campaña turística Fame de Experiencias, da Deputación, recibe un novo premio
Por Redacción |
-
Galardón en Berlín para 'Fame de experiencias', que promove o turismo gastronómico en Pontevedra
Por Redacción |
-
O paraíso natural das Rías Baixas sorprende en FITUR
Por Redacción |