Pontevedra abre o prazo de solicitude de subvencións para entidades culturais
Por Redacción
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou este martes o extracto das bases da convocatoria das subvencións culturais 2020-2021 destinada ás asociacións e entidades sen ánimo de lucro inscritas no rexistro de asociacións do Concello de Pontevedra e que realicen actividades neste termo municipal.
As bases estipulan que estas axudas terán unha contía máxima de 3.000 euros e unha porcentaxe de financiamento do 50%, para as accións realizadas entre o 1 de setembro de 2020 e o 31 de agosto de 2021.
Establece ademais que as accións subvencionables son aquelas destinadas a fomentar as actividades que no eido da cultura e todas as súas facetas, promovan asociacións e entidades sen fin de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o Concello Pontevedra e dirixidas á poboación en xeral.
O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais.