Cambados, único municipio da área sanitaria no nivel máximo de restricións
Por Alejandro Espiño
Tan só un municipio da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés manterase, a partir das 00:00 horas do próximo venres 14 de maio, no nivel máximo de restricións pola covid-19. Trátase de Cambados, segundo decidiu o comité clínico que asesora á Xunta.
Os seus datos, con 93 casos activos e unha incidencia acumulada a 14 días por encima dos 500 casos por cada 100.000 habitantes, obrigan ás autoridades sanitarias a manter o peche perimetral do municipio. Tamén ocorre con Laza (Ourense) e Padrón (A Coruña).
Vilanova, pola súa banda, recupera a mobilidade co resto de Galicia ao baixar ao nivel alto de restricións, xunto con outros cinco concellos galegos, entre eles Cangas. Neles, a hostalería só poderá traballar en terraza cun aforo máximo do 50%.
Marín, que estaba esta semana neste nivel alto, baixa un banzo e pasará a situarse no nivel medio. Con el estarán Bueu, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Moraña, Ponte Caldelas e Soutomaior.
No seu caso, bares e restaurantes poderán ocupar o 50% das súas terrazas e só o 30% dos seus espazos interiores.
No resto dos concellos galegos estarán no nivel medio baixo de restricións que, entre outras cuestións, permite un aforo do 75% nas terrazas da hostalería e do 50% no interior dos establecementos.
Relacionadas:
-
O Comité Clínico sitúa a Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña e Ponte Caldelas en nivel alto de restricións
Por Redacción |
-
O Sergas citará para un cribado a 654 cuntienses de entre 20 e 39 anos de idade
Por Oskar Viéitez |
-
Baixan as hospitalizacións na área sanitaria onde permanecen 474 casos activos
Por Redacción |
-
Aumentan os casos activos e o número de pacientes hospitalizados na área sanitaria
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Continúa o progresivo goteo de novos ingresos por covid no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
RADIO.- Falamos da vacinación covid-19 para menores coa Sociedade de Pediatría de Galicia
Por Marisa Ciordia |
-
O Concello ve algo "puntual" as aglomeracións tras o final do estado de alarma e confía en que non se repitan
Por Alejandro Espiño |