La Pomada porá a proba as medidas para a reapertura do lecer nocturno
Por Redacción
Seis establecementos de lecer nocturno, catro pubs e dúas discotecas, foron seleccionados para ser o escenario das probas pilotos para a reapertura do sector en Galicia. No caso da cidade de Pontevedra, o local proposto é La Pomada.
En Vigo, a proba será no pub Tokyo. O resto dos establecementos seleccionados son Capitol (Santiago), Pelícano (A Coruña), Miudiño (Ourense) e Anagrama (Lugo).
Entre outras medidas, o protocolo da Xunta expón que para estas probas o aforo no interior dos locais non poderá superar o 30%, mentres que nas terrazas ou espazos ao aire libre poderán ocupar o 50% da súa capacidade.
Haberá restricións tanto na pista de baile como nos aseos, onde non se poden producir aglomeracións, e todo este control correrá a cargo dos propios locais que, ademais, deberán ter contadores de aforo e medidores de CO2.
Todos os asistentes deberán proporcionar os seus datos persoais, entre eles nome e teléfono, e inscribirse nun rexistro, para ser contactados no caso de que se produza un brote de covid-19 e o uso de máscara será obrigatorio en todo momento, salvo para beber.
O sector reunirase o venres coa Xunta de Galicia para acordar estas e outras medidas para avanzar cara unha reapertura segura, entre elas a posibilidade de requirir unha PCR ou unha proba de antígenos aos clientes.
Relacionadas:
-
O conselleiro de Sanidade ve con optimismo a reapertura do ocio nocturno o vindeiro 1 de xullo
Por Redacción |
-
Comeza a reactivación do ocio nocturno
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Todo listo na Pomada para o reinicio do lecer nocturno este sábado
Por Manu Otero |
-
La Pomada ensaiará a reapertura do lecer nocturno o 12 de xuño e cun aforo do 50%
Por Manu Otero |
-
O mercado inmobiliario en Pontevedra permanece conxelado ás portas da reapertura do lecer nocturno
Por Manu Otero |
-
Plan piloto da Xunta para a reapertura do sector do ocio nocturno
Por Redacción |
-
Escepticismo no lecer nocturno pontevedrés ante a reapertura prevista pola Xunta para inicios de verán
Por Manu Otero |