O modelo de cidade de Pontevedra, recoñecido polas institucións europeas como exemplo de cidade a seguir
Por Redacción
O modelo de cidade de Pontevedra, froito da súa Estratexia de Desenvolvemento "Máis Modelo", é recoñecido polas institucións europeas como o exemplo de cidade a seguir. Esta é unha das conclusións da xornada que se celebrou na cidade do Lérez e que contou coa intervención de representantes da Comisión Europea; do Ministerio de Mobilidade, Transporte e Axenda Urbana; da Convención Escocesa de Autorides Locais e do propio Concello.
A súa aposta pola mobilidade sustentable ou a redución da contaminación son dous dos aspectos postos en valor polo modelo de cidade de Pontevedra: "nesta cidade é algo que se comprobou claramente. É necesaria unha mobilidade máis sustentable que nos permita recuperar espazo público para as persoas. É un dos valores postos en en marcha Pontevedra e polo tanto, cómpre traballar sobre o tráfico monitorizado privado para converter as rúas en espazos de convivencia", destacou Ángela de la Cruz, Subdirectora xeral de Políticas Urbanas do Ministerio de Mobilidade, Transporte e Axenda Urbana.
O evento contou coa presenza do Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e de varios concelleiros, que fixeron un percorrido polos principais proxectos realizados na EDUSI de Pontevedra. Neste caso, o responsable de Obras Urbanas e Transporte, Demetrio Gómez, puxo en valor o servizo de transporte a demanda nas parroquias do rural. Por outra banda, o Tenente de Alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, referiuse á recuperación do tramo soterrado e posta en valor do río Gafos no tramo urbano.
E pola súa parte, a concelleira responsable da EDUSI e de Réxime Interior, Contratación e Promoción da Cidade, Anabel Gulías, analizou o estado de execución da estratexia urbana da cidade.
A xornada contou tamén coa presenza de Enrico Marescotti, membro da Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea; de Serafín Pazos Vidal, Responsable de Política Europea da Convención Escocesa de Autoridades Locais e Gonzalo Lacurcia, da Oficina ONU Hábitat en España. Todos eles abordaron a relevancia dos Fondos Europeos e as oportunidades que teñen por diante os concellos para obter financiamento.
Ademais de facer balance da actual xestión do programa EDUSI financiado con fondos FEDER, a xornada serviu para despexar dúbidas ao respecto dos Fondos Next Generation que se remitirán aos Estados membros da UE no marco do plan de recuperación económica da Covid, e dos fondos comunitarios do período 2021-2027.
Relacionadas:
-
Expertos en política urbana visitan Pontevedra para comprobar os investimentos de fondos europeos
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Lores, no ecuador do seu sexto mandato: "Estou máis ilusionado que nunca como alcalde"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra participa no debate de reducción de emisións do transporte de mercadorías nas cidades
Por Redacción |
-
Pontevedra espera que a boa xestión dos proxectos EDUSI sirva de aval para captar máis fondos europeos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Madrid, Barcelona e Valencia, próximas paradas para dar a coñecer o "modelo de cidade"
Por Redacción |
-
Primeiros pasos da plataforma que xestionará o transporte a demanda en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Membros do Ministerio de Transporte e da Comisión Europea analizarán no Principal os fondos económicos para a mobilidade
Por Redacción |