Máis de 5.100 persoas maiores de 60 anos, citadas a vacinarse este luns na área sanitaria
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
Este luns, segundo a información facilitada pola Consellería de Sanidade, está previsto que se vacinen máis de 5.100 persoas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Desta forma, no Recinto Feiral de Pontevedra citáronse a 1.460 persoas na sesión da mañá. Trátase de poboación con idades comprendidas entre os 60 e os 69 anos, á que se lle administrará a vacina AstraZeneca.
Durante a tarde, convocouse a 300 persoas, con idades que van dos 60 aos 65 anos, que tamén recibirán a vacina de procedencia británica.
En Vilagarcía foron citadas para a mañá deste luns a 1.705 persoas e pola tarde a 1673. Todas elas contan cunha idade que se atopa entre os 60 e os 69 anos e en todos os casos administrarase AstraZeneca.
COLAS NO RECINTO FEIRAL
Ao longo da xornada do domingo, entre as 09.00 e as 14.00 horas foran convocadas 1.960 persoas con idades de entre 70 e 79 anos, que foron vacinadas con Pfizer no Recinto Feiral de Pontevedra.
Ao redor do mediodía, as colas estendíanse desde a entrada cruzando toda a zona do aparcadoiro ata dar a volta ao recinto nunha xornada desapracible, o que molestou a algúns dos usuarios que indicaban a PontevedraViva que esperaran ao redor de media hora á intemperie antes de que se lle inoculara a vacina.
En Vilagarcía de Arousa, tamén durante esta xornada, en horario matinal, foran convocadas 331 persoas, coa mesma idade, para subministrar a vacina Pfizer.
Relacionadas:
-
Conmemoración do Día da Enfermería cun minuto de silencio polos profesionais sanitarios falecidos na pandemia
Por Redacción |
-
O Sergas empeza este martes a administrar a vacina de Pfizer a menores de 60 e cita a 3.900 para o primeiro día
Por Redacción |
-
Aumenta a presión na UCI de Montecelo con nove pacientes covid
Por Redacción |
-
Primeira dose de vacina para o alcalde e a subdelegada do goberno: "Todo o mundo sensato quere vacinarse"
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Pacientes que acoden ata unha hora antes da cita xeran grandes colas para a vacinación no recinto feiral
Por Redacción & Mónica Patxot |