Malestar nas redes sociais ante os vídeos de celebracións masivas na contorna da Praza da Verdura
Por Redacción
Dous vídeos subidos á rede social Twitter durante a noite deste sábado con numerosos mozos celebrando unha noite de festa, con motivo da caída do Estado de Alarma, nas rúas próximas á Praza da Verdura provocaron reaccións ante a falta de medidas de distanciamento social como establecen os protocolos para enfrontarse á covid-19.
Entre estas reaccións pode atoparse a do xornalista pontevedrés Quique Morales, profesional cunha longa traxectoria laboral, entre outras empresas, na TVG, Televisión Española ou Antena 3. Morales manifestaba o seu malestar por estas imaxes en que diversos mozos amosaban a súa falta de comprensión sobre a necesidade de cumprir coas normas establecidas polas autoridades sanitarias para evitar contaxios.
Es #Madrid #Barcelona y... #Pontevedra Es en casi todas partes donde hemos fallado al no saber explicarles a los más jóvenes que de su diversión también depende nuestra salud. Y esos saltos nacen en nuestra incapacidad,cada vez mayor ,para vivir en armonía con TODOS los demás pic.twitter.com/9AjeWcX5p4
— Quique Morales (@quique_morales) May 9, 2021
Daniel Macenlle, director xeral de Protección Cidadá do Concello de Pontevedra, en declaracións á Radio Galega, manifestaba que estas escenas non tiveron especial gravidade e non se diferencian das sucedidas noutras cidades do territorio español e comparaba esta situación coa xornada na que se permitía a apertura das terrazas da hostalería.
En Twitter as reaccións foron máis categóricas: "De qué nos extrañaremos si en diez días nos meten a todos en casa? Ahí tenéis Pontevedra dando puto asco!" dicía @GonzaloLubian21; "Pontevedra, Madrid, Salamanca, Barcelona, Sevilla... Venga. Seguimos para Bingo. Confirmamos que la estupidez humana no entiende de geografía, ideología, ni edades. Luego se quejarán porque les cierran los bares", afirmaba @julianguede; mentres que @AndresBL93 sinalaba en comparación con outras cidades como Madrid: "Y Pontevedra igual, e imagino que todas las ciudades, que vergüenza ajena".
En contraposición, @R_Morgade entendía esta reacción da poboación xuvenil e culpaba á clase política europea desta situación:
#L6Nfindealarma esto es #pontevedra y no #madrid. Dejar de centraros en debates absurdos. El estar así después de un año y con medidas y mentiras es culpa de toda la política en Europa. De toda la clase política del color que sea. pic.twitter.com/FQuNmg1ItA
— El⚠Morga (@R_Morgade) May 8, 2021
Relacionadas:
-
Continúa o progresivo goteo de novos ingresos por covid no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
A hostalería de Pontevedra censura as festas na rúa e teme o regreso das restricións
Por Manu Otero |
-
O Concello ve algo "puntual" as aglomeracións tras o final do estado de alarma e confía en que non se repitan
Por Alejandro Espiño |
-
Aumenta a presión na UCI de Montecelo con nove pacientes covid
Por Redacción |
-
Non haberá toque de queda en Galicia nin límites á mobilidade, bares abrirán ata as once e restaurantes ata a unha
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia decidirá o xoves que medidas adopta tras a fin do estado de alarma
Por Alejandro Espiño |
-
Escepticismo no lecer nocturno pontevedrés ante a reapertura prevista pola Xunta para inicios de verán
Por Manu Otero |