Investimento de 100.000 euros para reducir o consumo eléctrico de Moraña nun 68%
Por Redacción
O Concello de Moraña ten como obxectivo reducir o actual consumo eléctrico nun 68% para cumprir co plan de acción para o clima e enerxías sostibles.
O goberno local anuncia que nos próximos días, a empresa SETGA cambiarán 190 luminarias de vapor de sodio por lámpadas de tecnoloxía LED, nos lugares de Corrigatos, Suigrexa, a zona da Igrexa de San Salvador de Saiáns, Torre de Abaixo, O Outeiro, A Picota, O Castriño e O Ruibal.
Substituiranse tamén os balastros electromagnéticos por outros electrónicos, e se instalarán reloxos astronómicos para regular os horarios de aceso e a posta en marcha dun sistema de pre-programación da iluminación.
José Cela, alcalde de Moraña, afirma que se investirán máis de 100.000 euros coa intención de avanzar no compromiso alcanzado no Pacto dos Alcaldes polo Clima, co obxectivo de reducir os gases de efecto invernadoiro nun 40% para o ano 2030.
O financiamento realizaranse con 18.000 euros a cargo dos fondos municipais, aos que se suman 74.066 euros de fondos europeos FEDER e 7.500 euros procedentes da Deputación de Pontevedra.