Trasladan en helicóptero ao Hospital de Santiago a un motorista de 50 anos, ferido nun accidente en Barrantes
Por Redacción
Durante a tarde deste sábado rexistrábanse dous accidentes de tráfico na zona do Salnés.
Un deles producíase no centro de Barrantes, en Ribadumia, ao impactar unha furgoneta e unha motocicleta. O condutor da motocicleta, veciño de Ribadumia, de 50 anos de idade foi atendido pola ambulancia de Protección Civil de Vilagarcía de Arousa. A continuación foi necesario trasladar ao home en helicóptero ao Hospital de Santiago para atenderlle das feridas de gravidade.
Pola súa banda, o condutor da furgoneta, un veciño de Barro de 28 anos, rexeitou a asistencia sanitaria. Na zona foi necesaria a intervención do Serviccio de Emerxencias de Cambados, Protección Civil de Ribadumia, a Garda Civil de Tráfico e Atestados.
SAÍDA DE VÍA
Tamén o servizo de Emerxencias do Concello de Cambados actuaba nun accidente de tráfico na PO-550 á altura da Farmacia de Castrelo, en Cambados. O vehículo saíase da vía pero o condutor rexeitaba a asistencia sanitaria.
Efectivos da Policía Local de Cambados interviñan para esclarecer as causas do accidente.