A Residencia e Centro de Día de Carballedo, proxectos estrela dos orzamentos de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presentoulles aos voceiros da oposición o proxecto de orzamentos municipais para o 2021 que se levarán a aprobación ao vindeiro Pleno da Corporación que terá lugar no mes de maio e no que se pecha unha cifra total de 4.068.110 euros.
A partida en Servizos Sociais marca un récord duplicando a do ano anterior ata chegar a 1.429.939 euros. O investimento medio global por veciño superior a 900 euros.
No apartado de investimentos consígnase inicialmente un importe de 756.767 euros, que supón o 18,60 % do Orzamento e que permitirá facer a aportación municipal para a execución do proxecto de construción dunha Residencia e Centro de Día da Terceira Idade en Carballedo, así como a adquisición de diferentes equipos informáticos e unha hidrolimpiadora.
Por outra banda, os orzamentos abondan na estabilidade orzamentaria e na solvencia económica do Concello de Cerdedo-Cotobade cunha reserva simbólica de 4 euros no capítulo de gastos financeiros xa que esta administración local ten "débeda cero" ao non ter que amortizar nengún crédito por ter as súas contas totalmente saneadas e con autusuficiencia económica.
Asemade, continúase coa supresión do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), que xa fora derrogado con anterioridade, prácticamente conxélanse todas as taxas vixentes e séguese contando co millón do fondo adicional de fusións.
O alcalde, Jorge Cubela cualificou este orzamento de "responsable, realista e ambicioso que se conxugará cos criterios de eficiencia, optimización, contención de gasto e estabilidade para medrar de xeito ordenado e non perder a senda da recuperación en tempos de pandemia".
Relacionadas:
-
Os populares sacan adiante en solitario as contas do Concello de Cerdedo-Cotobade para este ano
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada