Poio convoca o sector turístico e hostaleiro para falar da distribución de 150.000 euros en axudas directas pola crise
Por Redacción
O Goberno municipal de Poio convoca aos profesionais do sector turístico e hostaleiro, un dos máis castigados polos peches e ceses de actividades derivados das restricións aplicadas pola Xunta de Galicia contra a pandemia da covid-19 para participar nunha reunión telemática, que terá lugar o vindeiro mércores 12 de maio, para abordar o borrador das bases polas que se rexerán o reparto de axudas directas que levará a cabo o Concello.
A Administración municipal ten previsto inxectar ata 150.000 euros para estes negocios afectados, dos cales 100.000 proveñen de fondos propios (concretamente, do Remanente de Tesourería), aos que hai que engadir outros 50.000 achegados pola Deputación Provincial de Pontevedra.
Precisamente, os dirixentes municipais trataron esta cuestión nunha reunión de traballo celebrada esta semana.
Tal e como sinala o Goberno local, o documento no que se inclúen as bases de reparto destas axudas está sendo revisado polo departamento de Intervención.
Posteriormente, este borrador inicial será amosado aos profesionais, para que coñezan os trámites e requisitos a cumprir para poder optar a esta liña de axudas, anunciada en marzo e que xa pode tramitarse, logo da pertinente aprobación plenaria para facer uso do Remanente de Tesourería correspondente á liquidación do Orzamento de 2020.
Os profesionais interesados en participar na reunión telemática deberán enviar un correo electrónico á dirección participa@concellopoio.gal desde a cal se lles remitirá unha ligazón para poder conectarse ao encontro virtual. Antes de aprobar definitivamente as bases, o Concello quere ter en conta as achegas e opinión do sector.
O reparto destas axudas forma parte dun plan de reactivación económica, o Plan Activa 21, en resposta á crise provocada pola covid-19, no que o equipo de Goberno leva traballando desde hai meses.
Relacionadas:
-
Poio ultima os trámites do reparto de axudas directas pola crise da covid-19
Por Redacción |
-
Cume entre o Concello e o sector hostaleiro de Poio para planificar o verán
Por Redacción |
-
Poio estará presente en FITUR
Por Redacción |
-
Poio pacta cos empresarios afectados pola covid-19 as bases para conceder as axudas municipais
Por Redacción |
-
Poio usará 1,5 millóns de euros dos seus remanentes para diferentes actuacións
Por Redacción |
-
Poio destinará 150.000 euros en axudas directas para os sectores máis castigados polas restricións
Por Redacción |
-
Poio convoca unha reunión telemática cos sectores afectados polos peches sanitarios
Por Redacción |