Denunciados os propietarios dun bar de Poio por tolerar o consumo de droga no seu interior
Por Redacción
A Policía Local de Poio levou a cabo este venres un operativo especial nun bar da parroquia de San Xoan onde se denunciou aos seus propietarios por tolerar o consumo de substancias estupefacientes no seu interior.
Segundo informan fontes oficiais da Xefatura da Policía Local de Poio, a intervención produciuse este venres sobre as 20 horas no marco das actuacións que este corpo vén realizando para impedir a venda, distribución e consumo de substancias estupefacientes nos establecementos.
No rexistro realizado neste local os axentes municipais incautaron unha ducia de dose de haxix, así como pequenas cantidades de marihuana. Os axentes tamén interviñeron navallas utilizadas como útiles para cortar as substancias, e grinders localizados a clientes. Identificando a 25 persoas.
A Policía Local de Poio comprobou que clientes consumían as substancias en forma de "trompetas" sentados nos veladores da terraza tranquilamente sen respectar as distancias de seguridade e sen cumprir as restricións covid. Moitos deles tiraron as substancias ao chan ao observar a presenza policial.
Á vista destas aprehensións, a Policía Local tramitou un total de once denuncias, que recaeron en clientes do local aos que se lles imputou unha infracción por tenencia de drogas, unha conduta castigada con sanción económica pola Lei de Seguridade Cidadá.
Outra recaeu ao propietario do negocio, neste sentido, a infracción cometida polo dono é relativa á tolerancia cos seus clientes. Isto é, por permitir o consumo destas substancias no bar.
Tamén se tramitan outra ducia de propostas de sanción por non cumprir as restricións.