Caldas investirá 372.000 euros no proxecto de saneamento entre Tivo e Corticeiras
Por Redacción
O Concello de Caldas de Reis investirá 372.000 euros para executar o proxecto de saneamento de augas residuais nos núcleos de Tivo, Os Barreiros e Castaños, pertencentes á parroquia de Santa María.
Segundo informou este venres o Concelleiro de Medio Ambiente e Obras, Manuel González, a actuación consistirá na ampliación da rede de saneamento existente nestes lugares e na súa conexión coa estación depuradora das Corticeiras. Con elas queren mellorar as condicións do actual sistema de depuración baseado nun sistema que utiliza un decantador-dixestor que discorrerá por viais de uso público e non afectará a ningunha propiedade particular.
Así mesmo, a concelleira delegada da parroquia de Santa María, María López, destacou os esforzos do goberno local para mellorar a calidade de vida da veciñanza e puxo en valor o apoio da Deputación co Plan Concellos, "programa fundamental para dar resposta ás demandas".
Pola súa banda, Caldas iniciará nos vindeiros meses obras e proxectos de saneamento de augas residuais cun investimento de máis de 1.200.000 euros grazas ao apoio económico da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos. Entre elas están as obras de saneamento no lugar de Paraimas (Saiar), a primeira fase das obras de saneamento en Paradela (Bemil) e o proxecto de mellora da rede de saneamento e de pluviais na Rúa Real de Caldas.
Relacionadas:
-
Unha auditoría de Augas de Galicia certifica que a depuradora de Caldas cumpre coas normas europeas
Por Redacción |
-
O saneamento de Tivo, en Caldas de Reis, supoñerá un investimento de 330.000 euros
Por Redacción |
-
Caldas solicita a colaboración de Augas de Galicia para completar o Plan de Saneamento
Por Redacción |
-
Caldas investirá máis dun millón de euros no saneamento das augas residuais
Por Redacción |