Os establecementos hostaleiros de Sanxenxo reciben as axudas para mellorar as terrazas
Por Redacción
Achégase a tempada de verán e a hostalería de Sanxenxo ultima as adaptacións, tanto á situación sanitaria como ás previsións de visitantes, unha vez que a Xunta vén de anunciar a apertura de Galicia para permitir o tránsito de viaxeiros doutras Comunidades.
"O noso turismo é sobre todo nacional, aínda tamén hai moito que vén de Portugal", apuntaba o alcalde Telmo Martín durante a visita que realizou ao concello o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, para coñecer o estado dos locais de hostalería que pediron a subvención do Goberno autonómico para a remodelación e mellora das súas terrazas.
En total, 33 locais de hostalería solicitaron as axudas para investir nas súas terrazas. Estes establecementos están repartidos entre Portonovo e Sanxenxo. Ata un destes locais, o Restaurante Carmen, situado na rúa Praia dos Barcos achegáronse o rexedor e o vicepresidente primeiro, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López.
Segundo informaba Alfonso Rueda, en total, a Xunta de Galicia destinou 11 millóns de euros para acondicionar as terrazas dos locais de toda a Comunidade e favorecer as vendas a domicilio dos negocios de hostalería.
"A maioría destes 11 millóns xa están ingresados e o resto o serán nos próximos días para axudar a locais de hostalería que queren adaptarse aos novos tempos, que todos somos conscientes que ten que ver con desfrutar o ocio dunha forma diferente, con espazos abertos cando se poida, máis separación, e todo iso require unha inversión en redistribución de espazos ou cambio de mobiliaro, que é para o que a Xunta destinou estas axudas", manifestaba Rueda, ao tempo que indicaba que só para o Concello de Sanxenxo destináronse 350.000 euros.
Relacionadas:
-
A hostalería de Sanxenxo deberá cumprir a ordenanza de terrazas despois de meses parada pola pandemia
Por Redacción |
-
Máis de trescentos hostaleiros de Sanxenxo recibirán axudas directas pola covid-19
Por Redacción |
-
Oitenta e seis locais de hostalería das comarcas de Pontevedra e Caldas reciben axudas para as súas terrazas
Por Redacción |
-
Sanxenxo promete "365 días diferentes" para atraer turistas todo o ano
Por Redacción |
-
Telmo Martín: "A ponte de San Xosé e a Semana Santa non poden ser un impedimento para o verán"
Por Redacción |
-
Sanxenxo quere unificar e mellorar as condicións estéticas das terrazas da fachada marítima
Por Redacción |
-
17 restaurantes e cafeterías de Sanxenxo recibirán axudas autonómicas para acondicionar terrazas ou vender a domicilio
Por Redacción |