O colexio Salvador Moreno pasará a chamarse Juan Sebastián Elcano
Por Redacción
O Boletín Oficial da Defensa do mércores 5 de maio comunica que o Ministerio cambia de nome ao colexio Salvador Moreno de Pontevedra que agora se chamará colexio Juan Sebastián Elcano.
Con esta medida o Ministerio de Defensa cumpre coa Lei de Memoria Histórica corrixindo o nome deste centro escolar situado na rúa Rosalía de Castro, que no seu día foi rúa Salvador Moreno e que tamén pasou por este proceso.
O ferrolán Salvador Moreno Fernández foi un militar que participou no golpe de estado de 1936 contra a II República que desencadeou a Guerra Civil Española, tras a que ocupou varios cargos no ditadura de Francisco Franco, entre eles o de ministro de Mariña.
Noutra resolución o Ministerio de Defensa comunica que o centro de educación infantil da Base de Colmenar Viejo (Madrid) pasará a chamarse Cabo Idoia Rodríguez Buján, en homenaxe a esta soldado da Brilat de Pontevedra que foi a primeira muller falecida nunha misión paz en exterior, en Herat (Afganistán), "en atención aos seus valores de entrega ao servizo e o seu sacrificio".
Relacionadas:
-
Piden a exclusión do colexio público pontevedrés Juan Sebastián Elcano da rede de escolas católicas
Por Redacción |
-
Denuncian que no colexio 'Juan Sebastián Elcano' só ondea a bandeira de España e incúlcase "amor á patria e ás Forzas Armadas"
Por Redacción |
-
O BNG pide ao Goberno que cambie o nome do colexio Salvador Moreno e retire a simboloxía franquista e relixiosa do centro escolar
Por Redacción |
-
Reclaman que a Xunta asuma o colexio Salvador Moreno e cambie o seu nome "franquista"
Por Redacción |