Os pontevedreses, chamados por Facebook a un boicot á AP-9
Por Redacción
s condutores pontevedreses están chamados durante toda a xornada deste martes 30 de outubro a un boicot á autoestrada AP-9. Unha protesta difundida a través de facebook e auspiciada pola plataforma cidadá 'Todos contra a suba das peaxes' aspira a restar 10.000 vehículos á autoestrada de Vigo ata A Coruña.
A protesta ten a súa orixe na suba das peaxes dos últimos meses. Os traxectos víronse incrementados nun 13% en 2012. Entre Pontevedra e Vigo, o aumento foi mesmo maior que a media, un 14,75%, ao pasar de 3,05 euros a principios de ano a 3,50 a día de hoxe.
A plataforma ten preto de 3.000 seguidores no seu grupo de facebook, todos eles vos afectedes por unha suba de taxas inasumible para os que utilizan a diario esta vía de alta capacidade que vertebra Galicia de norte a sur. Entre Pontevedra e Vigo fano a diario, segundo os datos de 2011, 56.763 vehículos.