A Rúa da Torre estrea a súa rehabilitación integral
Por Redacción
A Rúa da Torre, no barrio do Burgo, vén de estrear a súa nova imaxe. Fíxoo despois de que se remataran as obras de rehabilitación integral desta vía, na que se investiron case 92.000 euros.
A renovación da rúa acometeuse a semellanza das rehabilitacións realizadas en vías rurais de Pontevedra por ser o tipo de actuación que mellor se adapta á configuración da rúa.
Ademais da reposición da capa de rodadura, a Rúa da Torre pasou a contar con plataforma única, instaláronse elementos de calmado do tráfico e renovouse toda a iluminación pública.
APARCAMENTO DO TORRENTE BALLESTER
O goberno municipal tamén informou este mércores do inminente remate, previsto para finais desta semana, das obras do novo acceso peonil ao aparcadoiro do IES Torrente Ballester.
Esta intervención, que conta cun orzamento de 47.960 euros, consistiu na creación un acceso peonil diferenciado da entrada de vehículos, mellorando a seguridade viaria, e na urbanización dun tramo de vía pública.
Así, habilitouse unha escaleira duns 30 metros de lonxitude ao longo dun treito de terreo de 8 metros de desnivel, mentres que no punto no que as escaleiras conectan coa rúa Virxilio Blanco está a reurbanizarse ese pequeno tramo para reconvertelo nunha pequena praza.