A Xunta reforza o traballo das bibliotecas
Por Redacción
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de outorgar máis de 70.000 euros en axudas para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora de coleccións bibliográficas a 37 bibliotecas municipais e axencias de lectura das bisbarras de Pontevedra, Caldas e O Salnés.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou desta liña de achegas, que acaba de ser aprobada, nunha visita á Biblioteca Municipal de Cuntis xunto ao alcalde, Manuel Campos. O Concello de Cuntis recibirá fondos das dúas liñas habilitadas pola Xunta e contará con 2.400 euros para ampliar a dotación de volumes.
REFORZO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Por outra banda, o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo, visitou este mércores o colexio CPI Plurilingüe Santa Lucía, na localidade pontevedresa de Moraña, onde anunciou unha nova liña de axudas da Xunta de Galicia dirixida a apoiar as bibliotecas escolares de centros educativos do rural, da que se beneficia este centro.
Entre os centros centros beneficiados está o CPI Plurilingüe Santa Lucía, a EEI de Lamas, a EEI San Lourenzo de Moraña e a EEI de Amil (todos eles en Moraña) e tamén a EEI de Curro e o IES de Barro (ambos os dous en Barro).