Ponte Caldelas iniciará o luns a humanización da Rúa da Ponte
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas iniciará a próxima semana as obras de mellora da mobilidade peonil na Rúa da Ponte. O alcalde, Andrés Díaz, o equipo de arquitectos e a empresa adxudicataria dos traballos, Montaxes Iglesias SL, visitaron esta mañá a zona para revisar todos os detalles antes do comezo dos traballos.
A empresa confirmou que respectarán as horas puntas para evitar retencións e por iso entre as 8.30 e as 9.00 e de 14.00 a 14.30 horas estarán a funcionar os dous carrís de circulación. Trátase das horas de entrada e saída dos centros educativos do centro urbano que coinciden tamén coa hora de apertura e peche dos negocios e comercios da vila, polo que é importante evitar problemas de fluidez do tráfico. Durante o resto da xornada, un semáforo de obra regulará o paso de vehículos.
A partir do luns, Ponte Caldelas terá tres rúas en obras: A Ponte, Avenida de Galicia e a Estrada do Balneario. Afirman desde o Concello que as tres seguen o ‘Modelo Ponte Caldelas’: ampliarán as súas beirarrúas para gañar en seguridade viaria e ordearán os aparcamentos para gañar máis prazas para os vehículos, como xa se fixo no Paseo da Calzada.
PARQUES EÓLICOS
O goberno local de Ponte Caldelas pon ao dispor dos seus veciños e comunidades de montes aos servizos xurídicos do Concello para obter información e asesoramento sobre os proxectos de construción de parques eólicos que poden afectar as súas terras.
Matizan desde o executivo que encabeza Andrés Díaz que se tratan de proxectos supramunicipais e que o Concello carece de competencias, pero para evitar presións ou novas confusas ofrecen esta axuda para obter información, respaldo legal ou resolución de dúbidas de maneira gratuíta para decidir con liberdade que facer coas súas terras.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas presume das obras feitas "a custe cero" para os veciños
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas estrea pasos de peóns cun pintado especial
Por Redacción |
-
Os traballos de reforma da Rúa da Ponte adaptaranse ás horas punta do tráfico
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas habilita 200 prazas de aparcamento gratuítas no centro da vila
Por Redacción |
-
O Paseo da Calzada xa conta con 10 prazas de aparcamento para motos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas reformará a estrada interior de Vilarchán
Por Redacción |