A área sanitaria contén o incremento de contaxios por baixo dos 500 casos activos
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Sanidade actualizou este luns 3 de maio as cifras de incidencia do coronavirus na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés que se mantén nos 491 casos activos reportados onte domingo contendo o incremento sostido de casos das últimas semanas.
Aumenta a presión hospitalaria con 24 pacientes enfermos de covid-19 ingresados. Concretamente, están 14 persoas en planta de hospitalización no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 10 no Hospital do Salnés.
Seguen sendo 5 os pacientes críticos de covid que están ingresados na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.
Baixaron en 3 o número de casos, ata os 462 contaxiados, que evolucionan nos seus domicilios cunha sintomatoloxía leve ou asintomáticos.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 13.025 pacientes (25 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 173 pacientes .
En canto á realización de probas PCR, nas últimas 24 horas baixou o ritmo e só se fixeron 397, que se engaden ás 213.883 xa efectuadas desde o inicio da pandemia no área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.030, deles 695 son da área da Coruña, 214 da de Lugo, 266 da de Ourense, 491 da de Pontevedra, 906 da área de Vigo, 363 da de Santiago e 95 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 164 en unidades de hospitalización e 2.816 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 117.220 persoas curadas, rexistrándose 2.390 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.072.214.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.194.890.
Relacionadas:
-
Cambados e Vilanova de Arousa, en nivel máximo de restricións, tras a xuntanza do Comité Clínico
Por Redacción |
-
"Cústanos controlar O Salnés porque é unha área con máis interacción e movemento"
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia decidirá o xoves que medidas adopta tras a fin do estado de alarma
Por Alejandro Espiño |
-
Detectados 42 novos contaxios na área sanitaria nas últimas 24 horas
Por Oskar Viéitez |
-
Trinta novos contaxios suman 477 casos activos na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
A área sanitaria planifica xa o verán nos PAC por unha eventual indispoñibilidade de profesionais
Por Redacción |