Infraestruturas retoma a roza na vía rápida entre Cambados e Vilagarcía
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Movilidad, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses este acondicionamento nas franxas de dominio público de vías da Xunta para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.
Este luns vai retomar os traballos de roza e limpeza na vía de altas prestacións V.G.-4.3, en Cambados e Vilagarcía.
No marco destas intervencións, seguirán as actuacións iniciadas hai dúas semanas en máis de 40 estradas de titularidade autonómica do sur da provincia de Pontevedra.
O conxunto de traballos realizados no marco deste contrato coa empresa pública Seaga, que veñen realizando ao longo do ano, céntranse, principalmente, na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, co fin de previr incendios forestais.
Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas autonómicas, reducindo progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.
Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e senllas peonís, para que estean en condicións idóneas.
As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto devasa das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sostible mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.