Detectados 42 novos contaxios na área sanitaria nas últimas 24 horas
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Sanidade actualizou este domingo 2 de maio os datos de incidencia da covid no área sanitaria de Pontevedra-O Salnés que experimenta un incremento de 14 casos respecto a a xornada do sábado o que sitúa en 491 os casos activos. Son 42 contaxios máis os detectados nas últimas 24 horas.
Respecto á presión hospitalaria hai 21 pacientes de Covid-19 ingresados en planta. Concretamente, están 13 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 8 no Hospital do Salnés.
Tamén hai 5 pacientes en estado crítico ingresados na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.
Así mesmo, permanecen 465 casos de coronavirus evolucionando en domicilio cunha sintomatoloxía leve ou asintomáticos.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 13.000 pacientes (28 máis que no día de onte) e faleceron por este virus no área sanitaria 173 pacientes .
En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 1.222, que se engaden ás 213.486 xa efectuadas desde o inicio da pandemia no área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
No concello de Pontevedra o número de casos activos é de 83 e a incidencia acumulada a 7 días baixa a 42 casos, mentres que a catorce días é de 88.
VARIANTE INDIA
O Servizo de Microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro vén de confirmar a variante india en 3 das 5 mostras de Covid19 da tripulación dun buque atracado en Vigo. Trátase da variante B1.617 subvariante 2, que é sensible á vacina.
Polo tanto, segundo a Consellería de Sanidade, neste momento, ese gromo está localizado e controlado.
Ademais, os dous mariñeiros hospitalizados no hospital Vithas Fátima permanecen estables.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia increméntase en 7 persoas ata chegar a 3.106, son 174 contaxios novos.
Do total de casos activos 710 son da área da Coruña, 228 da de Lugo, 269 da de Ourense, 491 da de Pontevedra, 945 da área de Vigo, 364 da de Santiago e 99 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 163 en unidades de hospitalización e 2.892 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 117.041 persoas curadas, rexistrándose 2.390 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.065.796.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.165.613.