Caldas solicita a colaboración de Augas de Galicia para completar o Plan de Saneamento
Por Redacción
O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, e o concelleiro de Medio Ambiente e Obras, Manuel González, reuníronse este xoves coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez. Na reunión solicitaron o apoio deste organismo para poder completar o Plan Municipal de Saneamentos do municipio.
Para o goberno, estender a rede de saneamento a todo o municipio é unha prioridade medioambiental e de compromiso, polo que o apoio de Augas de Galicia o solicitaron para poder acometer aquelas actuacións que están nunha fase de tramitación máis avanzada e contan xa con proxecto técnico redactado, permanecendo unicamente a expensas de autorizacións sectoriais.
Por outro lado, Rey e González pediron colaboración para a redacción do proxecto técnico para completar a rede de saneamento nos núcleos de Igrexa e Faramentáns, na parroquia de San Clemente, e a súa correspondente conexión coa actual depuradora situada en Baltar, que ademais tería que ser obxecto de ampliación.
Entre os proxectos que xa contan con financiación aprobada están a primeira fase do saneamento de Paradela (Bemil), a conexión de Pazo, Tivo e Castaños á EDAR das Corticeiras, o saneamento de Paraimas e a separativa da rúa Real.
O alcalde incidiu en que esta rede é unha prioridade e destacou que "as políticas ambientais supoñen sempre unha mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas, tamén no medio rural".
Relacionadas:
-
Unha auditoría de Augas de Galicia certifica que a depuradora de Caldas cumpre coas normas europeas
Por Redacción |
-
O saneamento de Tivo, en Caldas de Reis, supoñerá un investimento de 330.000 euros
Por Redacción |
-
Caldas investirá 372.000 euros no proxecto de saneamento entre Tivo e Corticeiras
Por Redacción |