O xerente do Sergas supervisa as melloras implantadas no centro de saúde de Cambados
Por Redacción
O centro de saúde de Cambados recibiu este xoves a visita do xerente do Sergas, José Flores Arias, quen, acompañado por directivos do Servizo Galego de Saúde, coñeceu de primeira man as necesidades dos profesionais de atención primaria que prestan servizo neste centro e comprobou os resultados do investimento superior a 100.000 euros que Xunta e Concello destinaron á reforma do inmoble.
A intervención supuxo melloras na calefacción, o saneamento, o pavimento e a eficiencia enerxética a través da instalación de iluminación LED e cambios en elementos de albanelería.
Co obxectivo de fortalecer o primeiro nivel asistencial, o departamento de saúde ten en marcha en Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 dotado con máis de 100 millóns de euros e unha axenda con 200 accións prioritarias das que o 96 % das fixadas a curto prazo están xa fixadas. Mentres que as planificadas a medio prazo, comezaron o 88 %.
Lembran desde o Sergas que desde o ano 2009 a Xunta construíu ou reformou un total de 84 centros de saúde.