Infraestruturas encarga a construción de beirarrúas na PO-226, en Moraña
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade impulsa un proxecto para o acondicionamento de beirarrúas na estrada autonómica PO-226, no concello de Moraña.
O contrato foi adxudicado á empresa In-Cubed Enxeñería, Innovación, Investigación por un importe superior aos 18.000 euros e cun prazo de execución de seis meses. O obxectivo da obra pasa pola renovación das beirarrúas entre o punto quilométrico 5+310, na intersección coa PO-221, e o 5+600.
A redacción do proxecto contemplan a execución de novas beirarrúas para a mellor adaptación á normativa de accesibilidade, a rehabilitación do firme dos carrís de circulación, mobiliario urbano e axardinamento.
Tamén deberá incluír a renovación dos servizos de abastecemento, saneamento e pluviais, así como o soterramento das liñas eléctricas e de telecomunicacións e a renovación da iluminación.