Once detidos nun macro operativo antidroga con ramificacións en Sanxenxo, Cambados e Arousa

Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un amplo operativo con axentes da Garda Civil e a Policía Nacional mantense despregado desde primeira hora da mañá deste martes en varias localidades de Galicia no que se prevé que sexa un duro golpe contra o tráfico de heroína na comunidade. Os efectivos policiais mantéñense despregados desde primeira hora da mañá e, segundo fontes coñecedoras de investigación, xa realizaron once detencións.
A orixe desta operación antidroga sitúase nunha investigación previa en Ferrol, aínda que está dirixida por un xulgado pontevedrés, o Instrucción número 1 de Cambados. A actuación ten varias ramificacións na provincia de Pontevedra e centra parte da súa atención en Sanxenxo, Cambados e A Illa de Arousa. Ademais, os axentes atópanse despregados desde primeira hora en Vigo, Porriño ou Ponteareas, así como en Ferrol, onde se produciu polo menos una das detencións.
Segundo indicaron fontes oficiais do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a causa estivo declarada secreta ata este martes, pero agora xa se pode confirmaron a súa existencia e que hai 11 detidos que está previsto que pasen a disposición do Xulgado de Instrución número de Cambados o xoves.
A operación leva tempo en marcha, pero a súa fase de explotación empezou á primeira hora deste martes. Para ejecultarla, mobilizouse a axentes de unidades especializadas da Garda Civil -Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) e Equipo Contra o Crime Organizado (ECO), con base en Galicia, da Unidade Central Operativa da Garda Civil- e da Policía Nacional -Unidade de Droga e Crime Organizado (UDYCO) e Grupo de Resposta Especial ao Crime Organizado (GRECO)-.
Ademais, os axentes especializados na loita contra a droga contan co respaldo dun helicóptero e de unidades locais como axentes da Comisaría de Vigo.
A operación segue en marcha e aínda non hai balance oficial do seu resultado, pero si se confirmou que xa se realizaron polo menos unha decena de rexistros simultáneos e dez detencións.
Relacionadas:
-
A última operación antidroga da Garda Civil e a Policía Nacional péchase cun alixo de cinco quilos de heroína
Por Redacción |
-
A multirreincidencia e o "tremendo poder destrutor" da heroína, preocupacións da FGCN ante a nova redada antidroga
Por Redacción |
-
Ingresan en prisión cinco dos once detidos pola rede de tráfico de heroína desmantelada nas Rías Baixas
Por Natalia Puga | Creada e actualizada