Detidos os presuntos autores de varios furtos en comercios de Pontevedra, Bueu e Cangas
Por Redacción
A Garda Civil detivo o pasado venres, 27 de setembro, a tres persoas como presuntos autores de varios furtos en establecementos comerciais de Pontevedra, Bueu e Cangas.
Trátase de EX.G.A., de 44 anos, EG.S.S., de 21 e GG.G.C., de 40 anos, todos eles de nacionalidade ecuatoriana e con domicilio en Madrid.
Axentes da Garda Civil deron cos detidos tras recibir unha alerta de empregados dunha perfumaría de Cangas denunciando o furto de varias colonias por parte dunha parella, que foi interceptada pouco despois cando intentaba fuxir.
No rexistro do vehículo intervido encontráronse diversos artigos de limpeza e catro pares de lentes, mentres que as colonias, segundo o relato da Garda Civil, cre que lograron desfacerse delas.
Ao non poder acreditar a procedencia destes efectos procedeuse á súa detención, comprobando despois durante a instrución das dilixencias que os lentes incautados procedían dun furto levado a cabo nunha óptica de Pontevedra e que GG.G.C. xa fora detida pola Garda Civil de Marín o día 25 de setembro como suposta autora doutro furto similar nunha perfumaría de Bueu.
Os detidos, que contan antecedentes policiais, quedaron en liberdade coa obriga de presentarse no Xulgado de Instrución número un de Cangas cando para iso sexan requiridos.