Feridas dúas mulleres nun accidente de tráfico rexistrado en Combarro
Por Redacción
As condutoras de dous turismos resultaron feridas nun accidente de tráfico que se rexistrou esta mañá en Combarro.
Segundo informa a Policía Local de Poio, o sinistro rexistrouse sobre as 8:15 horas na Avenida da Cruz, na PO-308, ao seu paso por este núcleo histórico.
Foi un accidente por alcance e, segundo a propia Policía Local, a posible causa do choque foi non prestar a debida atención á condución.
As dúas mulleres ían soas, cada unha no seu propio vehículo, e ambas foron trasladadas ao Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.