Atopan produtos tecnolóxicos roubados na bolsa dunha clienta do Centro Comercial A Barca
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Policía Local de Poio identificou a unha muller de 45 anos, veciña de Pontevedra, que foi sorprendida mentres trataba de roubar diferentes produtos tecnolóxicos no Centro Comercial A Barca.
Foron os vixiantes de seguridade os que, sobre as 10:30 horas de onte sábado, chamaron á Policía Local despois de que a alarma saltase á saída da muller do centro comercial.
Na bolsa que levaba acharon dous reprodutores de música, uns cascos de música, un reloxo espertador dixital e unha máquina cortapelo.
A muller será citada para un xuízo rápido, investigada por un delito leve de furto.