Especialistas da Facultade Ágora, partidarios de que os fondos 'Next Generation' melloren os espazos públicos
Por Redacción
A Facultade Ágora, que se desenvolve na Deputación de Pontevedra, acollía este venres intervencións dalgúns dos relatores máis importantes neste foro de expertos sobre o modelo de mobilidade urbana.
Carlos Moreno, asesor de mobilidade da alcaldesa de París; Isabela Velázquez, arquitecta e especialista en urbanismo; e Rubén Lois, doutor en Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela encargáronse de analizar cuestións como a utilización dos fondos europeos denominados 'Next Generation' para reconstruír a sociedade tras a pandemia.
Todos eles mostráronse partidarios de que estes fondos sexan fundamentais para cambiar o deseño de vilas e de cidades para permitir unha mellora na calidade de vida. Nesta liña, manifestaron que o financiamento europa debe chegar de forma directa aos municipios máis pequenos e non só ás grandes urbes e ás grandes entidades económicas. A proposta busca que as localidades máis cativas poidan xerar "espazos de vida" para reactivar tanto a economía local como a socialización.
Nesta xornada tamén interviña Uxío Benítez, deputado de Mobilidade e Espazo amosando a preocupación que existe na Deputación Provincial para que eses fondos europeos poidan estenderse a concellos pequenos onde se utiliza maioritariamente o coche para desprazarse e non se alcanzan os 2.000 pasos diarios. "Non se poden limitar os fondos europeos ás grandes cidades", indicou Benitez.
A arquitecta Isabela Velázquez sinalou que o gran reto é que as institucións, a través da petición social, sexan capaces de que os investimentos europeos se vencellen ás entidades locais para mellorar a rede de espazos públicos actual e, por tanto, a calidade urbana e territorial. Rubén Lois, xeógrafo, na súa exposición alertaba sobre a repartición dese diñeiro procedente de Europa ao entender que debe contarse moito máis cos concellos e ceputacións que "saben investir mellor no territorio".
O seminario desta xornada que levaba por título 'A cidade dos 15 minutos no territorio disperso' contaba precisamente neste punto coa participación de Carlos Moreno, asesor de Anne Hidalgo, alcaldesa de París; ademais de Isabela Velázquez, Rubén Camilo Lois e o planificador Valerio González Somoza, responsable de desenvolver un enfoque local e pragmático sobre a necesidade de crear espazos de proximidade dentro do territorio da provincia.
A esta xornada formativa asistiron ao redor de 200 persoas de concellos de Pontevedra e persoal técnico relacionado co deseño do espazo público.
Carlos Moreno mostrou o seu apoio ao "modelo Pontevedra" empregado na capital e que desde a Deputación se queira exportar a outros lugares da provincia. Durante a súa análise presentou os traballos de investigación realizados na Universidade da Sorbona co concepto da "Cidade dos 15 minutos" ou do "territorio de media hora", unha proposta que o experto define como "a proximidade feliz".
Esta idea, segundo explicaba, debe basearse na ecoloxía para enfrontarse ao cambio climático; en novos modelos da economía que permitan xestionar desprazamentos curtos; e o impacto social, que permita a implicación da cidadanía.
A visión de Moreno supón analizar por que a día de hoxe existe tanta necesidade de desprazamentos. Segundo expón, a causa atópase o a falta de servizos de proximidade. "Hai que cuestionarse como cambiar a mobilidade reducíndoa. Así xurdiu o concepto da mobilidad de 15 minutos. Dixéronme que era unha utopía, pero a pandemia demostrou que non o era", afirma Carlos Moreno na súa proposta.
Desta forma defende seis funciones sociais urbanas atópense sempre próximas: o traballo, a vivenda, o aprovisionamento, a saúde, a educación, a cultura e o lecer. Con eses elementos a menos de 30 minutos a pé ou en bicicleta, favorécense as relacións sociais e redúcense as emisións de CO2, segundo manifesotu o experto.
Relacionadas:
-
Cuarta sesión da Facultade Ágora co recoñecemento dos peóns como base das cidades sustentables
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora reflexionará sobre ‘As persoas primeiro’
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora reflexiona sobre as cidades que coidan as persoas e limitan os vehículos
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora adicará a próxima xornada aos espazos seguros e inclusivos
Por Redacción |
-
Carlos Moreno, o urbanista asesor da alcaldesa de París, apoia o Plan Ágora da Deputación: "el espacio público es el elemento mayor de la democracia"
Por María José Pita |
-
Xornada inaugural da Facultade Ágora, unha iniciativa para promover a transformación dos espazos públicos
Por Redacción |
-
Os expertos da 'Facultade Ágora' alertan da "urxente necesidade" de facer as cidades máis vivibles e saudables
Por Redacción |
-
A Deputación inaugura a Facultade Ágora para formar acerca dos usos dos espazos públicos
Por Redacción |
-
A arquitecta Zaida Muxí e a enxeñeira Paula Teles, dentro do plantel de especialistas mundiais da 'Facultade Ágora'
Por Oskar Viéitez |