Marines estadounidenses adestran en Asturias con militares da Brilat
Por Redacción
Persoal do Batallón Toledo II/3, pertencente ao Rexemento Príncipe 3 da Brigada Galicia VII da Brilat realizou entre os días 19 e 23 de abril, no acuartelamento Cabo Noval de Siero, en Asturias, unhas manobras bilaterais conxuntas con persoal da Compañía de Seguridade Antiterrorista da Frota para Europa de militares do corpo de Marines de Estados Unidos asignados á forza de Combate Expedicionaria da Armada americana.
O coñecemento mutuo, a solidariedade, a procura de solucións comúns, o intercambio de experiencias e a cooperación son os principios fundamentais
que definen o concepto de actividades bilaterais que o Exército de Terra puxo en marcha con unidades doutros países aliados.
A unidade norteamericana, cunha composición de 50 marines, procedente da Base Naval de Rota, desprázase ao campo de manobras e tiro do acuartelamento asturiano. A achega española ao exercicio corre a cargo do Batallón Toledo II/3, participando con varias seccións de fusís, elementos de apoio loxístico e sanitario e unha forza de oposición.
Para a realización das manobras deseñouse un programa intenso de actividades, entre as que cabe destacar prácticas de combate en zonas boscosas, instrución físico militar e exercicios de lume real.
Actualmente, o Batallón Toledo II/3 é a unidade de referencia na preparación para todas as unidades que forman parte da Forza Terrestre de ET en todo
o que se refire a combate en zonas boscosas.
O principal obxectivo deste exercicio é proporcionar aos participantes os coñecementos básicos que lles permitan planificar e executar misións de combate en zonas boscosas, perfeccionando habilidades como o mando e control dunha unidade para operar neste ambiente, técnicas de orientación, uso de diferentes sistemas de navegación, coñecer os efectos de municións e explosivos nesta contorna, identificación e marcado de obxectivos, preparar e realizar emboscadas/ contraemboscadas e prácticas básicas de supervivencia en zona boscosa.
Como complemento a estas actividades, realizáronse prácticas de estabilización e atención a baixas en combate, exercicios de lume real con pistola, fusil e metralladora, en ambiente diúrno/nocturno e con utilización de elementos de visión nocturna e cámaras térmicas.
Todos estes coñecementos puxéronse en práctica nun exercicio avaliación continuado de 24 horas (exercicio tipo COEX) con simulación dunha unidade inimiga, onde a través de varias estacións desenvolvéronse e examinado todos e cada un dos conceptos, tácticas, técnicas e procedementos específicos FIWAF realizados durante a semana.
Para finalizar as manobras, e co obxectivo de potenciar o coñecemento mutuo realizouse un "warrior's meeting", onde persoal de ambas as unidades impartiron charlas sobre a historia dos seus exércitos e explicaron as capacidades e emprego do armamento e material propios.
Relacionadas:
-
O Exército de Terra desprega unha Unidade Móbil en Pontevedra para captar á mocidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
25 patrullas de 15 unidades militares de España e USA percorrerán o Camiño de Santiago
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Os artilleiros da Brilat rompen os cronómetros e chegan de Tui a Santiago en 22 horas e 20 minutos
Por Natalia Puga |
-
Nin a chuvia os detén: peregrinación militar a todo gas a Santiago
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
As militares da Brilat, profesoras de español en Afganistán
Por Redacción |